Bases legais

 

1.- FINALIDADE DO CONCURSO

O presente Concurso “Dalle voz á Terra”, enmarcado no programa Escola da Enerxía da Fundación EDP, pretende, no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, fomentar a conciencia medioambiental entre nenas e nenos a través da proposta de iniciativas para mellorar a sustentabilidade no seu contorno máis próximo: o seu colexio (en diante, “o Concurso”).

 

2.- EMPRESA ORGANIZADORA  

O Concurso está organizado pola Fundación EDP con domicilio en: Oviedo, Praza do Fresno 2, (33007 – ASTURIAS) e C.I.F.: G-33519141, entidade sen ánimo de lucro e recoñecida de interese xeral, constituída baixo a lei española e inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Cultura e Deporte co número 1.612.

 

3.- ÁMBITO TERRITORIAL

A convocatoria vai dirixida aos Centros Educativos da Xunta de Galicia que teñan alumnado de segundo ciclo de primaria (terceiro e cuarto curso) e terceiro ciclo de primaria (quinto e sexto curso).

 

4.- ÁMBITO TEMPORAL

A data límite de entrega das propostas será ás 23:59 horas venres, 30 de abril de 2026.

O 5 de maio de 2026, a Fundación EDP invitará á Gala Evento “DALLE VOZ Á TERRA” aos Centros seleccionados como finalistas (se houbera menos de 15 Centros participantes, todos eles poderán asistir á Gala como finalistas). Estes finalistas deberán expoñer o seu proxecto na Gala. Na Gala elixirase o proxecto gañador.

 

5.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Poderán participar todos os Centros Educativos da Generalitat Valenciana que teñan alumnado de segundo ciclo de primaria (terceiro e cuarto curso) e terceiro ciclo de primaria (quinto e sexto curso).
  • Tense en conta só unha participación por cada Centro Educativo (un traballo-un colexio). No caso de que un mesmo Centro Educativo presente máis dunha proposta só se terá en conta a primeira proposta presentada.
  • Aqueles Centros Educativos que desexen participar, deberán subscribir un compromiso de participación que se lles facilitará a través do correo electrónico info@dalevozalatierra.es.

As participacións válidas deben cumprir os requisitos arriba mencionados e o disposto nas presentes Bases Legais.

 

6.- CRITERIOS PARA A ESCOLLA DO GAÑADOR

Entre as propostas presentadas polos distintos Centros Educativos participantes elixirase aquela que, a criterio do Xurado, resulte a mellor idea para mellorar a sustentabilidade do propio Centro atendendo aos seguintes criterios:

  1. Sustentabilidade e transferibilidade do proxecto.
  2. Relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)
  3. Accesibilidade e Deseño Universal. 
  4. Originalidade.
  5. Grao de participación da comunidade educativa.
  1. MECÁNICA DO CONCURSO

Os participantes deberán seguir a seguinte dinámica:

  1. O Centro Educativo inscribirse no Primeiro Certame do Concurso da Fundación EDP “Dalle voz á Terra” mediante comunicación ao correo electrónico info@dalevozalatierra.es.

2.- Contactarase telefónicamente con todos os Centros Educativos inscritos para dar consello e apoio no desenvolvemento da acción educativa.

Neste sentido, enviarase a todos os Centros Educativos inscritos unha introdución para que os docentes poidan preparar a actividade nas súas aulas, a cal comprenderá unha xustificación, un pack ambiental (con exemplos de presentación, como facelo…), así como un canvas de traballo para o seu desenvolvemento (ferramenta educativa que facilita a creatividade e a presentación de proxectos).

3.- Antes de que remate o prazo de entrega, o Centro Educativo deberá enviar ao correo electrónico info@dalevozalatierra.es un proxecto/idea que teña como obxectivo facer máis sostible o propio Centro.

4.- Tras a recepción das propostas, recollerase todas as ideas e avaliaranse polo Xurado unha por unha tendo en conta os criterios recollidos nas presentes Bases.

O Xurado encargado da selección das propostas e elección do gañador estará integrado por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, todos eles stakeholders da Fundación EDP que teñan relación directa coa xestión enerxética, a sustentabilidade e interese no ámbito educativo.

Entre as propostas recibidas elixiránse os Centros Educativos, que poderán presentarse á Gala como FINALISTAS (se houbera menos de 15 Centros participantes, todos eles poderán asistir á Gala como finalistas).

En todo caso, todas as propostas recibirán un correo informando ao Centro correspondente da súa condición de FINALISTA ou do feito de que non foron seleccionados.

5.- O día da Gala, os Centros elixidos como FINALISTAS expoñerán o seu proxecto no escenario, con presenza de medios.

A exposición será unha parte fundamental para valorar que idea será a gañadora, polo que se terá en conta, xunto cos criterios recollidos nestas Bases, a creatividade e orixinalidade do formato de presentación (vídeo, discurso, teatro…).

No caso de que un Centro finalista non acuda ao evento e non realice a exposición, quedará excluído da final.

Tras a exposición destas ideas, o Xurado elixir o Centro gañador, que poderá escoller entre a instalación no Centro correspondente dunha instalación solar ou dun cargador eléctrico. O importe do premio será como máximo de CINCO MIL (5.000 euros), impostos, custos de execución e material incluídos.

6.- Co fin de poder comunicarse cos participantes, os Centros Educativos inscritos autorizan expresamente á Fundación EDP a enviarlles correos electrónicos e realizar chamadas nas direccións e números indicados polos Centros, co obxecto de xestionar o desenvolvemento do Concurso.

A Fundación EDP poderá descalificar aqueles Centros participantes que conste que non cumpren co previsto nas presentes Bases Legais.

A Fundación EDP resérvase o dereito de comunicar publicamente o resultado do concurso. Neste sentido, os Centros Educativos finalistas autorizan a que a súa denominación social sexa publicada nos canais oficiais de comunicación, incluíndo redes sociais, da Fundación EDP, sen que se xere por dito motivo ningún dereito a percibir contraprestación algunha.

No caso de que, con ocasión do presente Concurso, un Centro participante realice ou desenvolva algún tipo de texto e/ou utilice algunha imaxe, este certifica que posúe os dereitos e/ou permisos necesarios para a súa publicación, sendo o autor do texto e/ou material multimedia ou tendo permiso do seu autor, no seu caso, e certifica tamén que recadou o permiso de calquera persoa que apareza mencionada ou retratada na imaxe da publicación.

Os Centros finalistas autorizan expresamente á Fundación EDP a utilizar o proxecto presentado con finalidade de comunicación, difusión da iniciativa e da marca EDP en calquera canal de comunicación coñecido actualmente ou que puidese desenvolverse no futuro (calquera medio de comunicación interna da Fundación EDP, calquera medio de comunicación externo, webs, redes sociais, elementos publicitarios exteriores, así como en promocións, congresos, xornadas ou encontros nos que sexa necesaria a reprodución de material gráfico, etc.), respectando en todo caso os dereitos de autor e propiedade intelectual.

No caso de cambios na programación da Gala, A Fundación EDP comunicarano coa antelación que resulte posible aos Centros FINALISTAS.

7.- A participación no Concurso implica a aceptación expresa de todos os puntos destas Bases Legais.

8.- PREMIO

O premio consistirá, a elección do Centro gañador, nunha instalación solar ou dun cargador eléctrico no mesmo. O importe do premio será como máximo de CINCO MIL (5.000 euros), incluíndo impostos, custos de execución e material.

Non se fará ningún reembolso en metálico do valor do premio nin a Fundación EDP estará na obriga de permutalo por outro produto.

O premio exclúe explícitamente calquera gasto en que deba incorrer o Centro gañador con ocasión da instalación e posterior uso das placas solares ou cargador, como é o caso de licenzas ou permisos que previamente fose necesario tramitar.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.

De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, infórmase ao representante do Centro Educativo de que os seus datos persoais serán tratados por parte da Fundación EDP para a adecuada xestión da súa participación no Concurso. Todos os datos solicitados pola Fundación EDP para a participación no Concurso son obrigatorios.

A lexitimación do tratamento dos datos persoais é a relación contractual derivada da aceptación das presentes Bases legais e a participación no Concurso. Os datos serán tratados durante todo o tempo necesario para a organización do Concurso e ata que prescriban as responsabilidades legais derivadas da súa realización.

Así mesmo, infórmaselle de que poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, así como o seu dereito á portabilidade dos seus datos, a través da dirección de correo electrónico comunicacionesrgpd@edpenergia.es así como comunicándoo por escrito á Fundación EDP, á seguinte dirección: Praza do Fresno, 2, 33007 Oviedo, indicando a referencia “Concurso Dalle voz á Terra””. A Fundación EDP poderá solicitar a acreditación da súa identidade.

Do mesmo xeito, cando un interesado considere que a Fundación EDP vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos, poderá reclamar ante o Delegado de Protección de Datos (dpd@edpenergia.es) ou ante a Axencia Española de Protección de Datos.

No caso de que o Centro Educativo sexa seleccionado para a participación na Gala deberá recadar as correspondentes autorizacións en materia de protección de datos e imaxe de todos os asistentes, que deberán ser asinadas polos representantes legais no caso dos menores, coa extensión e contido que lles será facilitado pola Fundación EDP de forma previa á celebración da Gala.

10.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE.

A título enunciativo, pero non limitativo, A Fundación EDP non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do presente Concurso, así como tampouco do uso que faga o gañador respecto do premio que obteña. A Fundación EDP non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuito que puidesen impedir a realización do Concurso.

Declínase tamén calquera tipo de responsabilidade ante alegacións relacionadas con deterioros, perdas, subtraccións ou outros cando o premio fose efectivamente entregado e instalado no Centro gañador, ou por atrasos de terceiras empresas alleas á Fundación EDP.

 11.- CAMBIOS. PREVALENCIA.

10.1 A Fundación EDP resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases legais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes no Concurso. A Fundación EDP resérvase o dereito de suspender ou prorrogar o Concurso, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes. Do mesmo xeito, a Fundación EDP poderá, sempre que houbese causa xustificada, anular este Concurso antes da data de peche do mesmo, comprometéndose a comunicar con suficiente antelación as novas bases, condicións, ou, no seu caso, a súa anulación definitiva.

10.2 No caso de conflito, discrepancia ou contradición entre as condicións das presentes Bases e o previsto no correo electrónico/publicación do Concurso na web e/ou rede social correspondente, prevalecerá o disposto nas presentes Bases Legais.

12.- FISCALIDADE DO PREMIO

Ao premio do Concurso aplicaráselle a normativa vixente no momento da aceptación do premio por parte do Centro premiado contido en (i) a Lei 35/2006 de 28 de novembro do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, en virtude das cales, e, no seu caso, corresponderá á Fundación EDP realizar a retención ou o ingreso a conta dos referidos impostos aos que están suxeitos estes premios; (ii) o Real Decreto 2069/1999, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto da Entidade Pública Empresarial Loterías e Apuestas do Estado; (iii) o Decreto 3059/1966, de 1 de decembro, polo que se aproba o texto Refundido de Taxas Fiscais; e (iv) demais disposicións concordantes.

13.- LEGISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese plantexarse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Madrid.

14.- ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES

A participación no Concurso implica a aceptación expresa de todas as normas recollidas nas presentes bases legais e a decisión do Xurado, que será inapelable. A manifestación de non aceptación ou disconformidade total ou parcial coas presentes Bases implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, A Fundación EDP quedará liberada do cumprimento de calquera obriga contraída con dito participante.

14.- DEPÓSITO DAS BASES.

As presentes Bases poden ser consultadas en todo momento en https://dalevozalatierra.es/bases-legales

15.- AUTORIZACIÓN DE USO DE IMAXE

No caso de ser centro finalista é necesario que os alumnos que representen o centro cubran esta autorización (descarga neste enlace) e a envíen a info@dalevozalatierra.es.